Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Análise Forense de Equipos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 B1 B2 B3 B7 C4 Realización e defensa das prácticas en computador, dentro das horas de prácticas e antes da data límite establecida.
É condición necesaria (pero non suficiente) obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nas prácticas para poder superar a materia.
40
Proba obxectiva A6 B1 B2 B3 B7 C4 Ao finalizar o cuadrimestre, realizarase unha proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno.

É condición necesaria (pero non suficiente) obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 na proba obxectiva para poder superar a materia.
60
 
Observacións avaliación

Alumnos a tempo parcial 

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a
"NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDIO DOS ESTUDANTES DE GRAO
NA UDC (Art. 2.3; 3.b e 4.5)(29/5/2012)".

Os alumnos que cursen a materia a tempo parcial deben
realizar as mesmas probas de avaliación que os alumnos que as cursen a tempo
completo, coas seguintes consideracións:

  1. Quedan exentos da asistencia a
    clase.
  2. En canto á defensa das prácticas,
    se o alumno non puidese asistir á defensa no horario de prácticas, convirase
    con el un horario alternativo.

O alumno deberá notificar ao coordinador da materia a
súa condición de estudante a tempo parcial tan pronto como lle sexa recoñecida,
de xeito que o profesor poida realizar unha correcta planificación das
actividades docentes.

Segunda oportunidade e oportunidade adiantada de
Decembro

Aspectos a ter en conta:

  1. En caso de non presentar (ou non
    superar) as prácticas de laboratorio en primeira oportunidade, o/a alumno/a deberá
    someterse a un (novo) exame de prácticas, con computador. Para iso, o/a alumno/a
    debe contactar co coordinador, como mínimo 15 días antes da data do exame
    oficial da asignatura para a convocatoria en cuestión (Xullo ou Decembro), e
    convir con el unha data e hora para a realización do exame de prácticas.

Condición de
"Non Presentado"

Consideraranse como "non presentados" aos
alumnos que non realicen a proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes