Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Análise Forense de Equipos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 B1 B2 B3 B7 C4 Propoñeranse varias prácticas o longo do curso, relacionadas coa análise forense de equipos, nas que o/a alumno/a traballará con distintas ferramentas e deberá realizar procesos de clonado, de recuperación de información, redacción de informes, etc. No enunciado de cada práctica especificarase a data límite para a realización da mesma, así como a metodoloxía de avaliación, que pode ser a través da entrega dunha memoria, da realización dunha proba en ordenador, ou mediante ambas. 60
Proba obxectiva A6 B1 B2 B3 B7 C4 Exame final, tipo test ou de respostas curtas, mediante o que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno, tanto nas sesións de teoría coma nas sesións prácticas. 40
 
Observacións avaliación

1. CONVOCATORIA DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Ó longo do curso realizaranse unha serie de prácticas de laboratorio, coas características e peso indicados no cadro anterior.

Ó finalizar o curso realizarase unha proba obxectiva, coas características e peso indicados no cadro anterior.

2. CONVOCATORIA DA SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Realizarase unha proba obxectiva, coas características e peso indicados no cadro anterior. A nota da proba obxectiva NON se conserva en ninguna convocatoria.

Con respecto ás prácticas de laboratorio, o/a alumno/a poderá conservar a nota obtida na primeira oportunidade (se fose o caso). Caso de non ter presentado as prácticas na primeira oportunidade, o/a alumno/a deberá contactar co coordinador da materia, con unha antelación mínima de 20 días naturais antes da data do exame.

3. PLAXIO

Si se detectase plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á coordinación do título para adoptar as medidas oportunas.

4. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO" 

Consideraranse como "non presentados" aos alumnos que non realicen a proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes