Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Seguridade Ubicua
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A9 B2 B3 B4 B6 B7 O alumnado dividirase en grupos para a realización do deseño,
implementación e proba dun sistema IoT, poñendo especial énfase na
seguridade.
O mesmo grupo realizará ataques á seguridade dos sistemas
implementados por outros compañeiros ou por terceiros.
O proxecto realizado, e o informe contendo o resultado dos ataques
completados (en canto á súa calidade e ao seu éxito) serán avaliados
despois da súa entrega valorando aspectos como como a corrección, a
calidade, as prestacións e as funcionalidades. Deberase entregar o
código, prototipos e documentación realizados. Así mesmo, será
necesario realizar unha presentación dos resultados.
Durante a realización do proxecto realizarase un seguimento continuo
do deseño e da evolución da implementación. Se os resultados
intermedios non son satisfactorios, poderase aplicar unha penalización
de ata o 20% da nota.
O seguimento será grupal e individual: cada un dos membros do grupo
debe documentar as tarefas desenvolvidas dentro do seu equipo e
responder sobre elas.
80
Sesión maxistral A4 A9 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C4 C5 Realizaranse un ou varios exames para avaliar a comprensión dos
contidos presentados nas sesións maxistrais. De haber máis de un
exame, a nota final será a media aritmética das distintas probas
20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario completar as distintas partes nas que se divide (exame ou exames acerca dos contidos expostos na sesión maxistral e proxectos). A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes.

Así, se a nota das sesións maxistrais é NT, e a nota do proxecto é NP, a nota final será:

Nota = NT^0.2 ? NP^0.8

Durante o primeiro mes, os estudantes deberán indicar explicitamente e por escrito o seu desexo de cursar a materia seguindo a avaliación única. Noutro caso considerarase que seguen a avaliación continua. Aqueles que sigan a avaliacióncontinua non se poderán considerar "non presentados" unha vez se realice a entrega do primeiro cuestionario ou tarefa.

Os alumnos que opten pola avaliación única deberán presentar adicionalmente un dossier que deberá defender presencialmente ante os profesores, onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o proxecto. No caso de seguir a avaliación única, os alumnos deberán realizar o traballo de forma individual, salvo que o profesorado lles comunique explicitamente a autorización para realizalo en grupo.

Segunda oportunidade

Só poderán optar á segunda oportunidade aqueles alumnos que non superaron a primeira oportunidade (ao finalizar o cuadrimestre). A avaliación será a descrita nos apartados anteriores, pero adicionalmente será preciso presentar un dossier que deberá ser defendido presencialmente ante os profesores, onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente o proxecto.

Aqueles estudantes que seguisen a avaliación continua poden optar por manter as notas obtidas na primeira oportunidade para as distintas partes da materia ou descartalas.

Outros comentarios

As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.

Aínda que o proxecto se desenvolverá (na medida do posible) en grupos, os alumnos deben deixar evidencias do seu traballo individual dentro do grupo. No caso no que o rendemento dun alumno ou alumna non sexa acorde ao dos seus compañeiros de grupo, considerarase a súa expulsión do mesmo e/ou poderá ser avaliado de forma individual nesta parte.

O uso de calquera material durante a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado.

En caso de detección de plaxio ou de comportamento non ético nalgún dos traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)" e os profesores comunicarán o asunto ás autoridades académicas para que tome as medidas oportunas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes