Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Asignaturas
  Ciberseguridade en Contornos Industriais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 B2 B3 B7 B8 B10 Realización dun traballo con parte teórica e parte práctica. 30
Prácticas a través de TIC A1 A2 A4 A7 A8 A13 B2 B7 B8 B10 B11 Resolución de prácticas e realización de informes cos resultados obtidos. 30
Proba mixta B2 B3 B7 Exame escrito sobre os contidos teóricos e prácticos impartidos durante o curso. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Ofreceranse dúas alternativas de avaliación: contínua e única. 

A avaliación contínua implicará a realización das prácticas, dun traballo tutelado e unha proba mixta que serán avaliados nas porcentaxes arriba indicadas (30, 30, 40), sendo necesario obter un cinco sobre dez na avaliación total. Igualmente, será necesario obter un dous sobre catro na proba mixta para poder aprobar a asignatura. No caso de optar á avaliación contínua, o alumnado que realice calqueira tipo de entrega (práctica, traballo, proba mixta), non poderá calificarse como "non presentado". 

No caso da avaliación única, toda a puntuación virá dada por unha única proba mixta que incluirá parte teórica e práctica. Dita proba realizarase ao final do bimestre e deberá obterse en total a lo menos un cinco sobre dez para poder aprobar a asignatura.

A selección da alternativa de avaliación deberá indicarse como moi tarde ao remate da segunda semana de clase.  

Para cualquera das dúas alternativas darase flexibilidade horaria para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS

Os alumnos que optaran na primeira oportunidade pola avaliación contínua, terán a opción de conservar as notas de prácticas e traballos tutelados realizados durante o curso académico. Dito alumnado realizará unha proba mixta, establécendose a nota nas porcentaxes indicadas arriba (30, 30, 40). O resto de alumnos (incluido o alumnado con recoñecmento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) trataranse coma alumnos de avaliación única e realizarán unha proba mixta que mesture parte teórica e práctica. 

OUTROS COMENTARIOS

Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores.

No caso de detección de plaxio durante algunha das entregas, calificarse ao alumno/a cun suspenso (0) e comunicarase a situación á dirección do máster e ás autoridades universitarias correspondentes de cara a tomar as medidas oportunas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes