Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Fundamentos de IA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A5 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Exame escrita para evaluar os coñecementos da Materia 50
Prácticas de laboratorio A5 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Evaluación de traballos prácticos 50
 
Observacións avaliación

A avaliación da aprendizaxe considera tanto a parte teórica como a práctica. Para superar a materia ha de conseguirse unha nota global igual ou superior a 5, sobre unha puntuación máxima de 10 puntos nas actividades de avaliación previstas, cuxo peso na avaliación final estará dentro dos rangos incluídos na memoria do título:

E1: Exame final 50%

E2: Avaliación de traballos prácticos 50%

Obterán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non se presentaron ao exame nin se someteron á avaliación de ningunha outra actividade obrigatoria.

Para superar a materia na segunda oportunidade o alumnado deberá someterse á avaliación de todas aquelas partes ou entregas obrigatorias pendentes que se establezan. Para o resto conservaranse as cualificacións obtidas durante o curso.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes