Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Enxeñaría de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A17 B2 B3 B6 B7 B8 C7 C8 Levarase a cabo a defensa da solución achegada por parte do
alumno ante o profesor ou unha presentación oral da solución
desenvolvida.
30
Proba práctica A17 B2 B5 B7 C3 Realizaranse distintas probas de avaliación, orientadas
especialmente a avaliar a comprensión dos coñecementos
expostos nas clases de teoría e/ou prácticas.
30
Solución de problemas A17 B2 B4 B7 C7 C9 A avaliación do traballo autónomo tutelado levará a cabo mediante a entrega dun informe e unha defensa na que o alumnado explica a súa proposta e conclusións ante o profesorado, ou mediante unha presentación oral da solución ante a aula. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA CONVOCATORIA e SEGUNDA CONVOCATORIA [Asistentes e Non Asistentes]

Cualificación final = 0,30 * Probas periódicas + 0,40 * Resolución de problemas de forma autónoma + 0,30 * Traballos tutelados.

Os estudantes con dispensa académica realizarán as mesmas probas e entregas que os asistentes.

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Para superar a materia en calquera convocatoria, a calificación final debe ser igual ou superior a 5, debéndose obter como mínimo un 5 (sobre 10) en cada unha das partes.

DATAS DE AVALIACIÓN

As datas de realización das probas periódicas e entregas de traballos publicaranse na primeira semana de clases na plataforma de teledocencia.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

No caso de detectar plaxio en algún dos traballos (teóricos o práctico), a cualificación final da materia será de Suspenso (0) e o feito será comunicado a Dirección do Centro para que tome as medidas oportunas. 

Ante calquera contradición que se puidera dar entre as distintas versións da guía, debido a algún erro de tradución, a versión que prevalecerá é a versión en inglés.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes