Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  IA Explicable e Confiable
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As clases interactivas desenvolveranse na Aula de Informática habilitada para iso en cada Universidade, utilizando diversas ferramentas informáticas para cada un dos bloques temáticos, abordando prácticas e proxectos con diferentes niveis de complexidade.
Estas clases están dedicadas a que o alumnado desenvolva traballos prácticos que impliquen abordar a resolución de problemas complexos, así como a análise e deseño de solucións que constitúan un medio para a súa resolución. Esta actividade pode requirir que os alumnos expoñan o seu traballo oralmente. O traballo realizado polo alumnado pode realizarse individualmente ou en grupos de traballo.
O alumnado traballará en postos individuais co apoio constante do profesorado. Os guións das prácticas serán autoexplicativos, permitindo a súa realización en horario persoal. A realización das prácticas permitirá o desenvolvemento de competencias CG1, CG3, CB6, CB7, CB8, CT3, CT8, CE5, CE6, CE7, CE8, CE9.
O alumnado pode traballar a solución dos problemas plantexados individualmente ou en grupo. Esta metodoloxía docente aplicarase á actividade formativa "Clases prácticas de laboratorio" e poderá aplicarse á actividade formativa de "Sesións de aprendizaxe baseada en problemas, seminarios, estudos de casos e proxectos".

Prácticas de laboratorio: o profesorado da materia plantexa ao alumnado un problema ou problemas de carácter práctico cuxa resolución esixe a comprensión e aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos na materia.

Aprendizaxe por proxectos: preséntanse ao alumnado proxectos prácticos cuxo alcance require unha parte importante da dedicación total do estudante á materia. Ademais, debido ao alcance do traballo que se vai realizar, requírese que o alumnado aplique habilidades de xestión, así como habilidades técnicas.

A docencia apoiarase na plataforma virtual do máster da seguinte forma: repositorio de documentación relacionada coa materia (textos, presentacións, etc.) e titoría virtual do alumnado (correo electrónico e foros).

Titorías: o profesorado asistirá ao alumnado en titorías individualizadas dedicadas á orientación no estudo e á resolución de dúbidas sobre os contidos e traballos da materia
Sesión maxistral A metodoloxía didáctica basearase no traballo individual do alumnado, na discusión co profesorado na clase e nas titorías individuais.

Clases teóricas (expositivas): Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Ademais do tempo de exposición oral por parte do profesor, esta actividade formativa require que o alumno dedique un tempo para preparar e revisar os materiais da clase por si mesmo.
Para cada tema ou bloque temático das clases expositivas, o profesorado elaborará os contidos, explicará os obxectivos da temática ao alumnado na clase, exporá cada tema co obxectivo de achegar un conxunto de información cun alcance específico, suxerirá unha bibliografía, proporcionará material de traballo adicional, etc. Esta metodoloxía docente aplicarase á actividade formativa “Clases teóricas”.
Nestas clases expositivas, o alumnoado desenvolverá as habilidades CG1, CG3, CB6, CB7, CB8, CB9, CE5, CE6, CE7, CE8, CE9. Ademais, o profesorado proporalle ao alumnado un conxunto de actividades para realizar, individualmente ou en grupo (casos prácticos, traballos, exposicións, lecturas, etc.). O alumnado deberá presentar unha selección deles para a súa avaliación. Estas actividades axudarán a desenvolver habilidades CG3, CB7, CB8, CB9, CT2, CT3, CT4, CT6, CT8, CE7, CE8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes