Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Sistemas Multiaxente
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio As clases prácticas consistirán en desenvolver un sistema básico multiaxente (MAS) ou algunhas partes específicas do mesmo. A entrega pode ter diferentes prazos para favorecer o traballo continuado. As instrucións prácticas facilitaranse previamente para que o alumnado as lea en detalle, debendo seguirse rigorosamente. Posteriormente, o traballo do profesorado será a de supervisar as prácticas, resolvendo dúbidas e corrixindo malas interpretacións, erros, etc.
Solución de problemas Nas clases de problemas presentaranse supostos prácticos directamente relacionados cos conceptos teóricos. O alumnado terá que buscar solucións alternativas fóra da aula. O obxectivo é fomentar a participación do alumnado e promover, na medida do posible, o diálogo aberto e a valoración de solucións.
Presentación oral Para algunha práctica ou problema, o alumnado deberá elaborar unha exposición onde expoña o seu traballo na aula, destacando as principais achegas e conclusións.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao alumnado coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Realizaranse varios traballos relacionados coa parte práctica da materia. Neste traballo se expoñen situacións que requiren ao estudante identificar o problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, aplicar as técnicas vistas en clase, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado.
Proba obxectiva Consistirá en cuestións teórico-prácticas sobre calquera dos conceptos incluídos na orde do día do curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes