Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Sistemas Multiaxente
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B6 B8 C2 Consistirá en cuestións teóricas e prácticas sobre calquera dos temas incluídos nos contidos. Para aprobar a materia é imprescindible ter realizado e aprobado esta proba (nota mínima 4) 40
Prácticas de laboratorio A6 A9 B2 C3 C6 C7 A realización das tarefas, en tempo e forma, establécese nas instrucións de calquera práctica proposta. Para aprobar a materia é imprescindible ter realizado e aprobado as prácticas (nota mínima 4). Como parte do mesmo, axudarán a superar as prácticas cuestións como a asistencia, o traballo persoal, a actitude, etc. 40
Traballos tutelados A9 A6 B3 C7 C3 A realización das tarefas, en tempo e forma, establécese nas instrucións de calquer traballo proposto. Para aprobar a materia é imprescindible ter realizado e aprobado estos traballos (nota mínima 4). Como parte do mesmo, axudarán a superar os traballos cuestións como a asistencia, o traballo persoal, a actitude, etc. 20
Presentación oral B9 C2 Podería incluírse nalgunha resolución de problemas/práctica de laboratorio e afectaría á nota final da mesma, pero non se cualifica por si só. 0
 
Observacións avaliación

Todalas probas de evaluación continua (prácticas, traballos e proba) teñen una nota mínima de 4 que pode compensarse con outras notas, pero e obrigatorio superar unha nota mínima de 5 para aprobar a materia.

No caso de suspender ou ter un No presentado na primeira oportunidade, poderán reentregrase aquelas prácticas de laboratorio ou traballos tutelados non presentadas ou suspensas durante o curso, en nengún caso é posible reentregar estas practicas ou traballos para acadar mellor nota.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario*

* Reglamento disciplinar do
estudantado da UDC. Aprobado polo Consello de Gobierno do 27/02/2023 e
modificado en su artigo 11.4.b polo Consello de Gobierno do 28/06/2023

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes