Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Modelado da Linguaxe
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A3 B3 B4 B6 B7 B10 C2 C3 C7 C8 As entregas das prácticas deben realizarse dentro do prazo establecido no campus virtual e deben seguir as especificacións indicadas no enunciado tanto para a súa presentación como o seu defensa. 50
Proba obxectiva A2 A3 B1 B6 B7 B10 C2 C3 Realización obrigatoria. Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. 45
Proba de resposta múltiple A2 A3 B1 B6 B7 B10 C2 Pequenos cuestionarios de avaliación continua que se propoñeran ao final dalgunhas sesións teóricas e onde se preguntará de maneira simple por algúns dos conceptos explicados en dita sesión. Avisarase con antelación. 5
 
Observacións avaliación

Cada alumno deberá alcanzar un mínimo de 40% da máxima
nota das partes "Prácticas de Laboratorio" e "Proba obxectiva", e en calquera caso a suma das tres partes debe ser maior a 5 para superar a materia. De non cumprirse algún dos
requisitos anteriores, a cualificación da convocatoria establecerase de acordo coa menor puntuación obtida.

No caso de non obter o mínimo nas "Prácticas de laboratorio" ou "Proba obxectiva", o alumno terá unha segunda oportunidade na que só se lle esixirá a
entrega desa parte.

Non se gardarán cualificacións entre anos académicos.

As entregas das prácticas deben realizarse dentro do
prazo establecido no campus virtual, e seguirán as especificacións indicadas no
enunciado tanto para a presentación como para a defensa.

Terá a condición de “Presentado” quen entregue todas as
prácticas obrigatorias ou se presente á proba obxectiva no período oficial de
avaliación.

No caso de realización fraudulenta de exercicios ou
probas, aplicarase a Normativa de avaliación do rendemento académico dos
estudantes e de revisión de cualificacións. En aplicación da normativa
correspondente sobre plaxio, a copia total ou parcial dalgún exercicio de
prácticas ou de teoría suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación
de 0,0 en ambos os casos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes