Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Robótica Intelixente I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A18 B1 B6 B9 Proba final de la materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito da parte de teoría.

Criterios de evaluación xerais:
* Respostas correctas e solucións adecuadas ás preguntas da proba.
30
Análise de fontes documentais A18 A19 B1 B3 B9 C5 Utilizarase parte das sesións maxistrais para facer unha avaliación da comprensión das fontes documentais, que serán proporcionadas polos docentes previamente á clase para a súa consulta e comprensión. Estas avaliacións se realizarán mediante traballos en grupo, pequenos informes, cuestionarios, ou outras metodoloxías que permitan coñecer de xeito obxectivo o grao de análise realizado. 20
Traballos tutelados B2 B7 C3 C7 C8 Propoñeranse varios traballos prácticos ó longo do curso centrados na resolución de problemas mediante robots autónomos. Estes traballos serán desenvolvidos de forma autónoma por parte do alumno fora das clases e terán que ser defendidos posteriormente. É imprescindible obter unha calificación de aprobado nesta metodoloxía de forma independente (nota mínima de 5 considerando que se valora de 0 a 10) para poder aprobar a asignatura. 50
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia constará de dous partes diferenciadas:
teoría (50%) e traballos prácticos (50%). A parte teórica será avaliada
mediante unha proba obxectiva e mediante a Análise de fontes documentais realizada durante o curso. A parte práctica avaliarase a partir da solución acadada polos estudiantes, que deberán ser presentadas ao final de cada práctica (puidendo incluir unha memoria). Será necesario aprobar a parte de teoría
e a de prácticas por separado para poder aprobar a materia.



A asistencia tanto ás clases teóricas como prácticas será obrigatoria
para o aprobado da materia excepto en casos de ausencia xustificados. Para
aqueles alumnos que teñan dispensa, a parte da Análise de fontes documentais será engadida á Proba Obxectiva (50). Ademáis, non terán obrigación de asistir ás clases teóricas.



Avaliación de segunda oportunidade: Os alumnos deberán recuperar
cada parte suspensa (teoría e-ou práctica). Se unha das dúas partes foi
aprobada durante a primeira oportunidade, o alumno poderá optar por gardar a
nota correspondente e só recuperar a parte suspensa.



As competencias propias da materia así como as competencias
xerais-básicas teñen contidos específicos na materia que se introducen  tanto nas clases expositivas como nas interactivas. Posteriormente o
alumnado desenvolverá estas competencias nas actividades presenciais na aula, no exame teórico e coa realización dos
traballos prácticos nos que tamén traballará as competencias transversais en
especial no que se refire á capacidade para utilizar ferramentas TIC (CT3), a
comprensión da cultura emprendedora (CT5), a capacidade para traballar en
equipo (CT7) e a valorización da investigación e a innovación (CT8). As
competencias específicas serán obxecto de avaliación tanto nos traballos
prácticos que o alumno desenvolva durante a materia como no exame teórico e nas tarefas nas clases de teoría.

Para os
casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o
establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes
e de revisión das cualificacións”. No caso concreto da UDC, aplícase o artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC:

b) Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes