Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Robótica Intelixente II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A18 B1 B6 C3 Ver abaixo 30
Prácticas de laboratorio A19 B2 B3 C7 Ver abaixo 50
Traballos tutelados B7 B9 C5 C8 Ver abaixo 20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia constará de dous partes
diferenciadas: teoría (50%) e traballos prácticos (50%). A parte teórica será
avaliada mediante un exame que poderá consistir nun traballo de análise de
bibliografía científica relacionada co temario da materia, presentado oralmente
o día do exame final. A parte práctica avaliarase a partir da media das
memorias presentadas ao final de cada práctica. Será necesario aprobar a parte
de teoría e a de prácticas por separado para poder aprobar a materia.

A asistencia tanto ás clases teóricas como prácticas será
obrigatoria para o aprobado da materia excepto en casos de ausencia
xustificados. Para aqueles alumnos que teñan dispensa, o sistema de avaliación
será o mesmo aínda que que non terán obrigación de asistir ás clases teóricas.

Avaliación de segunda oportunidade: Os alumnos deberán
recuperar cada parte suspensa (teoría e-ou prácticas). Se unha das dúas partes
foi aprobada durante a primeira oportunidade, o alumno poderá optar por gardar
a nota correspondente e só recuperar a parte suspensa.

Os alumnos serán avaliados como "non presentado"
cando non presenten o traballo de análise de teoría ou algunha das memorias de
prácticas.

As competencias propias da materia así como as competencias
xerais-básicas teñen contidos específicos na materia que se introducen, como se
indicou, tanto nas clases expositivas como nas interactivas. Posteriormente o
alumnado desenvolverá estas competencias no exame teórico e coa realización dos
traballos prácticos nos que tamén traballará as competencias transversais en
especial no que se refire á capacidade para utilizar ferramentas TIC (CT3), a
comprensión da cultura emprendedora (CT5), a capacidade para traballar en
equipo (CT7) e a valorización da investigación e a innovación (CT8). As
competencias específicas serán obxecto de avaliación tanto nos traballos
prácticos que o alumno desenvolva durante a materia como no exame teórico.

Para os casos de
realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o
establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes
e de revisión das cualificacións”.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes