Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Xestión de Proxectos de IA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A22 A30 B2 B4 B5 B7 B9 C9 O profesorado da materia expón ao alumnado un problema ou problemas de carácter práctico cuxa resolución require a comprensión e aplicación dos contidos teórico-prácticos incluídos nos contidos da materia. O estudantado pode traballar na solución de forma individual ou en grupo 50
Proba obxectiva A20 A21 A22 A23 A29 A30 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C5 C8 C9 As preguntas do exame teórico centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación ás súas competencias e que poderán ser adquiridos tanto na parte expositiva como na interactiva 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar por separado tanto a teoría como a práctica da materia. As prácticas non se recuperan en xullo; excepto naqueles casos nos que o estudante alcance o 40% da nota máxima de prácticas, permitíndoselle entón que realice todas as prácticas respecto dun novo caso práctico especificamente exposto para unha posible recuperación. De ser así, o novo caso práctico será subido á plataforma virtual dúas semanas antes do exame teórico da materia. Na avaliación dos traballos entregados polo alumnado valorarase o grao de consecución das competencias e, en particular, a posta en práctica dos contidos achegados pola materia ás devanditas competencias. Ademais, valoraranse as competencias transversais sempre que sexan requiridas para o desenvolvemento destes traballos.

As preguntas do exame teórico centraranse nos contidos específicos que se desenvolveron na materia en relación ás súas competencias e que poderán ser adquiridos tanto na parte expositiva como na interactiva. A duración media do exame é de aproximadamente 2 horas e poderá constar de preguntas tipo test, preguntas curtas e problemas de casos prácticos. No exame avaliarase o grao de asimilación dos obxectivos docentes establecidos no programa da materia.

Non se realizará ningún exame parcial.

Unha vez aprobadas ambas as partes por separado, cada parte contará un 50% na nota final.

Para ter unha avaliación de NON PRESENTADO debe de concorrer algunha das seguintes circunstancias:

1. Non asistir polo menos ao 85% das prácticas da materia.

2. Non realizar o exame teórico da materia a pesar de superar as prácticas da materia.

3. Non realizar o exame teórico da materia e comunicar explicitamente e por escrito ao responsable da materia que se abandona a materia cando, aínda tendo realizado polo menos o 80% das prácticas da materia, non se aprobaron as devanditas prácticas.

Peso da avaliación continua na oportunidade extraordinaria de recuperación (probas de Xullo):

1. Mantense a nota conseguida nas prácticas durante o curso e tamén o seu peso na nota final.


Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría e prácticas que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria en que se cometa, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda.


A docencia impartirase en inglés. A docencia expositiva será impartida pola USC e retransmitida para todo o alumnado. Haberá un grupo de docencia interactiva específico e presencial en cada universidade (USC-UDC-UVigo).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes