Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Intelixencia Artificial
 Asignaturas
  Minería de Procesos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A8 A10 A12 A17 A22 A23 A28 A29 B1 B6 B7 C5 Exame no que se demostrará o dominio dos aspectos teóricos da minería de procesos.
Deberase responder a un conxunto de cuestións sobre os conceptos de proceso e dos distintos tipos de analísticas de proceso.
40
Prácticas de laboratorio A9 A14 A15 A16 A20 A21 A31 A30 B2 B4 B5 B9 B10 C8 C9 Realización dun proxecto que partirá desde a explicación do proceso e dos datos que son a entrada ás técnicas de minería de procesos e que o alumnado desenvolverá ao longo da materia. Nas prácticas, o alumnado terá que resolver as preguntas que se planteen en cada momento, usando as técncias máis apropiadas para obter información sobre as analíticas do proceso. 60
 
Observacións avaliación

Se o alumnado realiza a primeira entrega do proxecto, considerarase como presentado na materia.

OPORTUNIDADE DE RECUPERACIÓN

Os criterios de avaliación das partes de teoría e práctica na oportunidade de recuperación serán exactamente os mesmos que para a oportunidade ordinaria. Polo tanto, ademáis de superar o exame de teoría e os boletíns, para poder superar a materia será necesario asistir ás sesións prácticas interactivas (cos criterios de asistencia indicados máis abaixo).

CONTROL DE ASISTENCIA

A asistencia ás sesións prácticas interactivas é obrigatoria debido a que nelas se abordan conceptos chave da materia, o control de asistencia realizarase a través de follas de firmas que se deberán encher á finalización de cada unha das desións. Ademáis, se o/a alumno/a asiste a menos do 80% das sesións prácticas interactivas considerarase que non superou a materia.

DETECCIÓN DE COPIA

No caso da realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avalización, revisión e reclamación das cualificación dos estudos de grao e mestrao universitario da Universidade da Coruña.

Normativa: Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf_2063069239.pdf (udc.es)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes