Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
 Competencias do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 CON1-Concepto e fundamento histórico do patrimonio
  AP2 CON2-Coñecementos sobre a difusión e os usos públicos da historia e do patrimonio
  AP3 CON3-Coñecementos sobre aspectos xurídicos (normativa, lexislación) e outros documentos instrumentais para a protección do patrimonio cultural
  AP4 CON4-Coñecementos sobre entidades de patrimonio dixital, modelaxe e xestión da información patrimonial
  AP5 CON5-Coñecementos sobre creación e xestión de proxectos patrimoniais na contorna dixital
  AP6 CON6-Coñecementos teórico-prácticos sobre a conservación do patrimonio
  AP7 CON7-Coñecementos sobre a virtualización do patrimonio cultural: infografías, realidade aumentada, visualización 3D, xeolocalización, fotointerpretación
  AP8 CON8-Coñecementos sobre a cartografía dixital/sistemas xeográficos de información
  AP9 CON9-Coñecementos sobre produtos interactivos e apps aplicadas á difusión e á educación patrimonial
  AP10 CON10-Coñecementos sobre a comunicación cultural e marketing do patrimonio cultural
  AP11 CON11-Coñecemento dos arquivos históricos e as institucións bibliográficas, os seus fondos, a súa dixitalización e o servizo que prestan a través da rede
  AP12 CON12-Coñecementos sobre ferramentas dixitais para organización e xestión do patrimonio arqueolóxico
  AP13 CON13-Coñecementos sobre ferramentas dixitais para organización e xestión do patrimonio artístico
  AP14 CON14-Coñecementos sobre normas de descrición e organización para catálogos de pezas artísticas, así como fichas e catálogos de arquitectura
  AP15 CON15-Coñecementos sobre o patrimonio cultural inmaterial: diversidade e protección das súas manifestacións
  AP16 CON16-Coñecementos sobre ferramentas dixitais para a organización e xestión do patrimonio inmaterial
  AP17 CON17-Coñecementos sobre os sistemas de catalogación e almacenaxe dixital para a organización e xestión do patrimonio fotográfico, audiovisual e digital
  AP18 CON18-Coñecementos sobre ferramientas dixitais para a organización do patrimonio agroecolóxico e paisaxístico
  AP19 CON19-Coñecemento sobre os saberes agroecolóxicos transxeneracionais de manexo do medio, organización das formas de produción e construción como resultado de paisaxes etnoculturais
  AP20 CON20-Coñecementos sobre infraestruturas de datos espaciais
  AP21 CON21-Coñecemento dos mecanismos de construción do relato historiográfico e as súas potencialidades narrativas desde o presente, a través da historia pública
  AP22 CON22-Coñecementos fundamentais conforme aos que se desenvolve o método científico, as formas e lugares de obtención de documentación histórica para o seu posterior tratamento e presentación de resultados conforme ás correntes máis significativas
  AP23 CON23-Coñecementos sobre a valorización do patrimonio: fundamentos e técnicas
  AP24 CON24-Coñecementos sobre co-creación e implementación de proxectos innovadores e sostibles no ámbito do patrimonio cultural
  AP25 CON25-Coñecementos sobre Internet e a Web; Aplicacións web; Aplicacións móbiles; Introdución á gamificación
  AP26 CON26-Coñecementos sobre a ciencia da información xeográfica. A natureza da información xeográfica. Fontes de información xeográfica e territorial. A cartografía como fonte e ferramenta de análise territorial
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 HAB1-Ser capaz de establecer relacións para producir coñecemento no contorno da intelixencia dixital
  BP2 HAB2-Ser capaz de aplicar coñecemento na resolución de problemas
  BP3 HAB3-Ser capaz de establecer relacións e interactuar cos enfoques de diversas disciplinas
  BP4 HAB4-Ser capaz de identificar fontes de información, recompilar e analizar datos e elaborar sínteses en relación con eles
  BP5 HAB5-Ser capaz de elixir e presentar os resultados de proxectos de todo tipo relacionados coa xestión do patrimonio dixital
  BP6 DES1-Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio
  BP7 DES2-Ser capaz de planificar e xestionar o desenvolvemento temporal dun proxecto de xestión patrimonial
  BP8 DES3-Ser capaz de traballar en equipo cunha actitude colaborativa e interdisciplinar
TipoC Código  
  Profesionalizador
  CP1 CB1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
  CP2 CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sá área de estudo
  CP3 CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
  CP4 CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  CP5 CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en grande medida autodirixido ou autónomo
  CP6 CG1. Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamiento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións
  CP7 CG2. Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais no contorno digital
  CP8 CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital
  CP9 CG4. Integrar destrezas de comunicación orientadas ao marketing cultural en contornos emprendedores
  CP10 CG5. Traballar en equipos interdisciplinares en ámbitos empresariais de mercado e institucionais de xestión cultural
  CP11 CG6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
  CP12 CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico
  CP13 CT2. Facer fronte de forma activa á resolución de problemas no contorno social e de mercado.
  CP14 CT3. Adquirir un compromiso ético coas diversas formas de comunicación en contornos dixitais.
  CP15 CT4. Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes