Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 B3 Realizaranse 2 probas de avaliación durante as clases de laboratorio, que suporán o 30% da nota final. Só os alumnos matriculados a tempo parcial que non foron avaliados da parte de prácticas de laboratorio, poderán realizar unha proba específica para recuperar o 30% da nota correspondente a esta parte. 30
Seminario A1 B3 Ao longo do curso realizarase unha proba escrita cunha cualificación dun máximo do 10% da nota. Os alumnos que non obteñan o máximo da nota correspondente a esta parte, poderán recuperar o que faltaba no exame final.

Eventualmente, e previo acordo co profesor, o alumno poderá obter este 10% da nota realizando un proxecto vinculado aos Obxetivos de Desenrolo Sostible (ODS).
10
Proba mixta A1 B3 O exame final, cun valor entre o 50 e o 70% (dependendo da cualificación obtida no control da Sesión maxistral e nos Seminarios) consistirá en realizar unha proba escrita teórico-práctica. 50
Sesión maxistral A1 B3 Ao longo do curso realizarase una proba escrita cunha cualificación cun máximo do 10% da nota. Os alumnos que non obteñan o máximo da nota correspondente a esta parte, poderán recuperar o que faltaba no exame final.
10
 
Observacións avaliación

O estudante vai rematar o período de clases cun máximo do 50% da nota, que obterá mediante dúas probas escritas (10% cada unha delas) e dúas probas para a avaliación de prácticas de laboratorio (30%).

Nas datas establecidas pola Xunta de Facultade, os estudantes farán por escrito o exame final. A nota obtida no exame final reescalarase de forma que os alumnos teñan a oportunidade de recuperar a parte perdida do 20% da cualificación correspondente aos exames escritos realizados durante as sesións maxistrais e os seminarios. Non poderá recuperarse a nota correspondente á avaliación das prácticas de laboratorio. Así, a nota máxima do exame final será de entre 5 e 7 puntos sobre 10.

A avaliación da Sesión maxistral, dos Seminarios e das prácticas de laboratorio dos alumnos con matrícula a tempo parcial, poderase realizar atendendo, na medida do posibe, as súas circunstancias particulares.

En canto á convocatoria extraordinaria de decembro, o proceso de avaliación incluirá:

a) unha proba mixta que puntuará un máximo de sete puntos,

b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio, que puntuará un máximo de tres puntos. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes