Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Tecnoloxía Electrónica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 B1 B3 C2 C6 Avaliación do traballo realizado polo alumno nas prácticas de laboratorio. 20
Solución de problemas A2 B1 B3 C2 C6 Valorarase a resolución de problemas da materia mediante probas mixtas. 10
Proba mixta A2 B1 B3 C2 C6 Avaliación final de coñecementos teóricos e resolución de problemas. 70
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia faise a partir de:

- exame final de teoría-problemas,

- defensa durante o curso das prácticas de laboratorio de electrónica, e

- probas de test de resolución de problemas durante o curso nos seminarios de TGR.

A nota final calcúlase de: nota final= A + B + C, onde:

A= nota do exame final de teoría-problemas (0 a 7),

B= nota de prácticas (0 a 2), e

C= nota dos seminarios de TGR (0 a 1).

Para aprobar a materia hase de cumprir que: nota final maior ou igual que 5.

Na segunda oportunidade unicamente reavalíase o exame final de teoría-problemas (A). Para as notas de prácticas (B) e seminarios (C) mantéñense as que se obtivesen durante o curso.

Para a oportunidade adiantada de avaliación manteranse os mesmos criterios que para a segunda oportunidade do curso anterior. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes