Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Programación II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 B1 B3 C6 Valoraranse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso e que se resolverán nas titorías de grupos reducidos. 10
Prácticas de laboratorio A4 B1 B3 C3 C6 Realización obrigatoria segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Necesario aprobar as prácticas para superar a materia. 20
Proba obxectiva A3 A4 B1 B3 Realización obrigatoria. Necesario aprobar a proba para superar a materia. 80
 
Observacións avaliación

Traballos prácticos

- No se permitirán cambios de parellas de prácticas ao longo do curso.

- Soamente os alumnos con cualificación de NON APTO ou NON PRESENTADO en prácticas na primeira oportunidade poderán entregar os traballos de acordo ao enunciado práctico que se propoña para a segunda oportunidade.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos prácticos levará unha nota global de NON APTO, tanto ao estudante que presente material copiado coma a que o facilitase, e polo tanto a cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

Primeira e segunda oportunidade

- As cualificacións obtidas en actividades como prácticas e titorías de grupo serán válidas tan só para o curso académico no que se realicen.

Matrícula a tempo parcial

- Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao profesorado.

Non presentado

- Terá a condición de “Non presentado” (NP) quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación.

Oportunidade adiantada de decembro

- A avaliación da oportunidade adiantada basearase exclusivamente nunha proba escrita.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes