Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Álxebra
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 B3 B6 C1 C6 Ó longo do cuatrimestre realizanrase unhas probas de avaliación continua de cada un dos distintos temas onde se formularán preguntas sobre os conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares ós do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta así como a presentación con claridade da exposición realizada.
Poderase valorar unha actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en grupos reducidos.

A nota obtida neste apartado será a mesma nas dúas oportunidades da convocatoria do curso académico.
30
Proba obxectiva A1 B3 C1 Ó final do cuatrimestre realizarase unha proba escrita que inclúe:
- Preguntas curtas que permitan valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos.
- Problemas cun grao de dificultade semellante aos realizados na aula e aos presentados nas coleccións de exercicios propostos.
Avaliarase o dominio dos conceptos teóricos da materia, a comprensión dos mesmos e a súa aplicación na resolución de exercicios. Asimesmo, valorarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos.

A presentación á proba final do curso supón que o estudante completou o proceso de avaliación continua.

A cualificación final (F) será calculada usando a cualificación da proba obxectiva (E) e a da avaliación continua (P) do seguinte modo:

i) F= E+P no caso E>2.7

ii) F= mínimo (4.5 , E+P) no caso E<2.8


70
 
Observacións avaliación
Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e de previo acordo co profesorado encargado do grupo ó que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse  as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria.

Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: Dependendo das particularidades de cada caso, axustaranse as probas de avaliación  para que o devandito estudante poida realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros.

Na oportunidade adiantada a decembro, o exame cualificarase sobre dez puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes