Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Estrutura de Computadores
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A15 B1 Ó longo do curso se completarán unha serie de probas que permitan avaliar a capacidade do alumnado para resolver problemas con iniciativa, autonomía e creatividade. 40
Prácticas de laboratorio A15 C6 Ó longo do curso se completarán unha serie de probas que permitan avaliar a capacidade do alumnado para resolver problemas de carácter práctico coas ferramentas introducidas nas prácticas de laboratorio. 20
Proba obxectiva C7 Se comprobará que o/a alumno/a adquiriu os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais e que é capaz de resolver exercicios similares ós vistos nas clases dedicadas á solución de problemas. 40
 
Observacións avaliación
  • Para superar a materia na primeira oportunidade será necesario obter polo menos o 50% da cualificación total.

  • Na segunda oportunidade o exame será sobre todo o temario correspondendo ao 80% da nota. Non se terán en conta os resultados acadados nas probas de solución de problemas da avaliación continua. O 20% restante corresponde á nota de prácticas de laboratorio obtida durante o curso.

  • Os/as alumnos/as que cursen a materia a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia realizarán as mesmas probas de avaliación que o alumnado que as curse a tempo completo. Asegurarase que os seus horarios de clase e os horarios das probas a realizar sexan compatibles co horario que teñan estipulado que deben asistir ó centro.

  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes