Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Estrutura de Computadores
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A15 B1 Ó longo do curso se completarán unha serie de probas que permitan avaliar a capacidade do alumnado para resolver problemas con iniciativa, autonomía e creatividade. 40
Prácticas de laboratorio A15 C6 Ó longo do curso se completarán unha serie de probas que permitan avaliar a capacidade do alumnado para resolver problemas de carácter práctico coas ferramentas introducidas nas prácticas de laboratorio. 20
Proba obxectiva C7 Comprobaráse que o/a alumno/a adquiriu os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais e que é capaz de aplicar os conceptos teóricos a situacións prácticas. 40
 
Observacións avaliación
  • Para superar a materia será necesario obter polo menos o 50% da cualificación total.

  • A calificación relativa á parte de solución de problemas
    (40%) obteráse en dúas probas realizadas ao longo do curso (20%
    cada unha).

  • Na primeira oportunidade realizaráse unha proba obxectiva, cun peso do 40%, que cubrirá os
    contidos teóricos e prácticos non avaliados nas probas de avaliación continua.
  • Na segunda oportunidade, a
    proba obxetiva será semellante á da primeira oportunidade, coa
    diferencia de que aqueles estudantes que non obtiveran un 50% da
    calificación nas probas de solución de problemas deberán realizar
    novamente estes exercicios.

  • Os/as alumnos/as que cursen a materia a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia realizarán as mesmas probas de avaliación que o alumnado que as curse a tempo completo. Asegurarase que os seus horarios de clase e os horarios das probas a realizar sexan compatibles co horario que teñan estipulado que deben asistir ó centro.

  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes