Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Deseño Software
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Deseño Software Código 614G01015
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Mosqueira Rey, Eduardo
Correo electrónico
eduardo.mosqueira@udc.es
Profesorado
,
Alonso Ríos, David
Monroy Camafreita, Juan
Morán Fernández, Laura
Mosqueira Rey, Eduardo
Pérez Sánchez, Beatriz
Correo electrónico
brais.cancela@udc.es
david.alonso@udc.es
juan.monroy@udc.es
laura.moranf@udc.es
eduardo.mosqueira@udc.es
beatriz.perezs@udc.es
Web
Descrición xeral O Deseño Software é unha fase chave dentro do ciclo de vida do software que establece a ligazón entre os requisitos dun sistema e a sua posterior implementación. O deseño máis habitual hoxe en día é o deseño baseado na orientación a obxectos, que consiste en desenvolver un programa en base a obxectos que intercambian mensaxes. Esta materia introducirá ao alumnado nos elementos e propiedades básicas da orientación a obxectos usando unha linguaxe orientada a obxectos como Java. Aprenderase tamén a como reflectir os artefactos propios do deseño nunha linguaxe de modelado coma a Linguaxe Unificada de Modelado (UML). Finalmente presentaranse aqueles principios básicos que representan un bo deseño e aprenderase a identificar aqueles problemas típicos de deseño e as súas solucións máis comúns representadas como patróns de deseño.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías * Metodoloxías docentes que se manteñen - Aínda que se manteñen as metodoloxías docentes de Sesión maxistral, Prácticas de laboratorio e Seminarios a forma de impartilas cambia tal e como se detalla no seguinte apartado. * Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral. Un grupo xa se impartía de forma telemática. En caso de ter que impartir todos de forma non presencial o que se fará será gravar as sesións de teoría e utilizar o horario de clases para resolver dúbidas e realizar exercicios. - Prácticas de laboratorio. Pasarán a impartirse de forma telemática. No horario destinado ás clases o profesor atenderá as dúbidas e resolverá os problemas dos alumnos. - Seminarios. Deixarase gravada a explicación do profesor e aproveitarase o horario destinado ás clases para resolver dúbidas e problemas dos alumnos. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Usarase Teams para as titorías tanto de forma síncrona (videoconferencias) como asíncrona (chat) respectando os horarios designados para as titorías. - Usarase Moodle para comunicar anuncios importantes sobre a materia impartida. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: A avaliación, no caso de que se poida realizar unha avaliación presencial constará das seguintes porcentaxes que se adecúan á memoria do grao: - Proba obxectiva: 60% (nota mínima de 4) - Prácticas de laboratorio: 40% En caso de non poder realizar unha avaliación presencial rebaixarase o peso da proba obxectiva seguindo as recomendacións do reitorado e eliminarase a nota mínima. - Proba obxectiva non presencial: 40% (sen nota mínima de 4) - Prácticas de laboratorio: 60% A proba obxectiva non presencial será unha práctica (preferentemente) ou un tipo test se non se desen as condicións adecuadas para realizar dita práctica. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes