Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Deseño Software
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A13 A14 B1 B2 B3 B4 C3 C6 Dous boletíns de exercicios baseados na programación en Java, na orientación a obxectos e o deseño de probas.
Unha práctica de deseño centrada no uso de principios e patróns de deseño.
40
Seminario A7 A13 A14 B1 B2 B3 B4 C3 C6 Os seminarios son prácticas de laboratorio desenroladas polos alumnos coa axuda directa do profesor que, ao final dos mesmos, mostrará cal era a solución a que os alumnos tiñan que chegar.

Os seminarios están directamente relacionados coa teoría e a práctica e a súa evaluación farase nestos apartados
0
Proba obxectiva A7 A13 A14 B1 B3 C6 Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.

A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia e tamén é obrigatorio obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder facer media cos outros elementos avaliables.
60
 
Observacións avaliación

En caso de non chegar á nota mínima na proba obxectiva, en calqueira das oportunidades, implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia.

Aspectos a ter en conta para a avaliación de segunda oportunidade (Xullo):

  • A nota das prácticas de laboratorio serán as obtidas na primeira oportunidade (non haberá entrega de prácticas na segunda oportunidade).

Aspecto a ter en conta en caso de matrícula a tempo parcial:

  • Elimínase a obrigatoriedade de asistir as actividades nas que se poida esixir presencialidade. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes