Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Deseño Software
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A13 A14 B1 B2 B3 B4 C3 C6 Realización de exercicios prácticos baseados na programación en Java, na orientación a obxectos, o deseño de probas, a linguaxe de modelado UML e o uso de principios e patróns de deseño.

Se se detecta algún exercicio copiado nunha práctica, esta será anulada na súa totalidade (cualificación cero), tanto o orixinal como a copia.
40
Seminario A7 A13 A14 B1 B2 B3 B4 C3 C6 Os seminarios son sesións de carácter práctico dirixidas polo profesorado nas que se comentan aspectos útiles relacionados coas prácticas.

Os seminarios non inclúen a entrega de traballos por parte do alumnado, polo que non é unha actividade avaliable.
0
Proba obxectiva A7 A13 A14 B1 B3 C6 Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.

A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia e tamén é obrigatorio obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder facer media cos outros elementos avaliables.
60
 
Observacións avaliación

En caso de non chegar á nota mínima de 4 na proba obxectiva, en calquera das oportunidades, implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia.

Considerarase "presentado" á asignatura:

  • Os que se presenten ao exame da proba obxectiva na 1ª oportunidade.
  • Os que se presenten ao exame da proba obxectiva da 2ª oportunidade ou presenten a práctica da 2ª oportunidade.

Aspectos a ter en conta para a avaliación de segunda oportunidade (xullo):

Aspectos xenerais (2ª Op.):

  • As porcentaxes son as mesmas que as da 1ª Oportunidade.
  • Tamén rexe a norma de obter un mínimo dun 4 na proba obxectiva.
  • Se te presentas a algunha parte na 2ª oportunidade (proba obxectiva ou prácticas) anulas a nota da primeira nesa parte.

Proba obxectiva (2ª Op.):

  • A nota da proba obxectiva da primeira oportunidade poderá gardarse para a segunda oportunidade se é igual o superior a 4.

Prácticas de laboratorio (2ª Op.):

  • A nota de prácticas da primeira oportunidade se garda por defecto para a 2ª.
  • Establecerase un prazo para presentar unha práctica na 2ª oportunidade.

Aspectos a ter en conta en caso de matrícula a tempo parcial:

  • Elimínase a obrigatoriedade de asistir as actividades nas que se poida esixir presencialidade, salvo na proba obxectiva. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes