Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Xestión de Proxectos
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística/614G01008
Administración e Xestión de Organizacións/614G01009
Álxebra/614G01010
Proceso Software/614G01019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Aseguramento da Calidade/614G01028

Materias que continúan o temario
Proxectos de Desenvolvemento Software/614G01087

Observacións

A materia ten un carácter eminentemente práctico, polo que é fundamental que os alumnos saiban aplicar os coñecementos teóricos aprendidos á práctica.

Os profesores facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios establecidos para a materia, a asistencia aos grupos de teoría, práctica e TGR que mellor se axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo parcial, para os que tamén aplica a forma de avaliación aquí establecida. Os alumnos con dispensa académica de exención de asistencia deberán asistir a todas as probas de avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: cualificación de “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria en materia de perspectiva de xénero, nesta materia usarase linguaxe non sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, etc. Así mesmo, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. En xeral, tentarase detectar situacións de discriminación, por exemplo, por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes