Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Subjects
  Internet and Distributed Systems
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A17 B1 B3 C2 C3 A práctica estructúrase en 2 partes (chamadas iteracións). É obrigatorio presentar ambas iteracións. A corrección de cada iteración realízase mediante unha defensa dos membros do grupo có profesor. A corrección da primeira iteración non leva asociada unha nota, pero a súa entrega é obrigatoria, e debe obrigatoriamente cumprir cos requisitos establecidos no enunciado da práctica para a devandita iteración. O profesor pon a nota da práctica despóis da corrección da segunda iteración. É preciso obter polo menos un 5 sobre 10 na práctica para aprobar a materia. 32
Multiple-choice questions A17 B1 B3 C3 C6 O examen será tipo test e pode constar tanto de cuestións directas como de pequenos problemas de deseño que o alumno debe resolver cos conceptos explicados en teoría e que foron usados na parte práctica. É necesario obter polo menos un 4 no exame para aprobar a materia. 60
Supervised projects A17 B1 B3 C3 C4 A realización dos traballos tutelados é opcional. 8
 
Assessment comments

Para superar a materia é necesario obter como mínimo un 4 sobre 10 no exame teórico e un 5 sobre 10 na práctica de laboratorio, e ademáis a media ponderada (60% teoría, 32% práctica e 8% traballos tutelados) ten que acadar o 5.

No caso de alumnos matriculados a tempo parcial flexibilizaranse as horas de defensa de prácticas para adaptarse ós horarios laborais dos alumnos, sempre dentro do prazo máximo de entrega fixado para todos os alumnos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes