Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Xestión de Infraestruturas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Xestión de Infraestruturas Código 614G01025
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Carneiro Diaz, Victor Manuel
Correo electrónico
victor.carneiro@udc.es
Profesorado
Carneiro Diaz, Victor Manuel
Castedo Ribas, Luis
Dafonte Vazquez, Jose Carlos
Dapena Janeiro, Adriana
Iglesia Iglesias, Daniel Ismael
Martinez Perez, Maria
Montoto Castelao, Paula
Pérez Adán, Darian
Correo electrónico
victor.carneiro@udc.es
luis.castedo@udc.es
carlos.dafonte@udc.es
adriana.dapena@udc.es
daniel.iglesia@udc.es
maria.martinez@udc.es
paula.montoto@udc.es
d.adan@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia consta de dous módulos diferenciados. Na primeira parte da materia ou módulo I, preséntase ao estudante as características físicas das infraestruturas de telecomunicacións, tanto para redes con fíos coma sen fíos. Explícanse os conceptos fundamentais da transmisión de datos tales coma o ancho de banda, resposta en frecuencia, modulación, velocidade de transmisión entre outros. Na segunda parte ou modulo II, introduce ao estudante os conceptos básicos de deseño, despregue, operación e mantemento dun centro de proceso de datos (CPD). Inclúe os fundamentos de deseño de espazos físicos para a súa localización, ferramentas e técnicas de deseño de cableado, sistemas de alimentación eléctrica, climatización, control de acceso e sistemas de vixilancia. Tamén se abordan os virtualización da infraestructua do CPD, tanto de servidores como de clientes. Estúdiase a organización e operación tradicional dun CPD. Finalmente, abórdase o estudo da normativa e regramentos que afectan a este tipo de instalacións.
Plan de continxencia Se non é posible levar a cabo a docencia de xeito presencial ou híbrido, non se alterarán nin os contidos nin a bibliografía recomendada. Para a atención personalizada, seguiranse os métodos telemáticos proporcionados no apartado correspondente desta guía. As sesións maxistrais previstas na sección de metodoloxía docente cubriranse mediante a provisión na ferramenta de teleformación de vídeos curtos. Durante o horario de clases expositivas o profesor permanecerá conectado, a través de Teams, para aclarar os conceptos expostos nos videos e aclarar as dúbidas. A realización das prácticas levarase a cabo de forma remota mediante a titorización continua do profesor, que usará os medios descritos no apartado de atención personalizada para este fin. Habilitaránse medios telemáticos para a súa entrega e defensa. Tanto a proba obxectiva, como as probas de resposta breve realizarase a través da ferramenta de teleformación. Tampouco se modificará a avaliación e as porcentaxes especificadas no apartado correspondente desta guía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes