Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Xestión de Infraestruturas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 [Módulo I] As sesións maxistrais dos temas 1 a 4 avaliaranse mediante unha proba escrita na data fixada no calendario de exames. Terá un peso de 4.0 puntos sobre 10 na nota final.

[Módulo II] A avaliación dos temas do módulo II tamén se realizará mediante unha proba obxectiva, que se celebrará conxuntamente coa do primeiro módulo. Ademáis dos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais, dentro desta proba poderanse atopar cuestións sobre as prácticas desenvolvidas. Este exame sumará outros 4.0 puntos sobre 10 na nota final da materia.
80
Prácticas a través de TIC A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 [Módulo I] As prácticas TIC dos temas 1 a 4 (módulo I) serán avaliadas mediante unha proba escrita, nunha data anterior ao exame común da primeira oportunidade. Terán un peso dun punto sobre 10 na nota final da materia. A data que inicialmente se propón para a proba é o venres 28 de outubro de 2016 durante as horas de clase de teoría.

[Módulo II] As prácticas del módulo II, de carácter obrigatorio, sumarán un punto sobre 10 e serán avaliadas antes do exame teórico, mediante a defensa do traballo realizado diante do profesor de prácticas.
20
 
Observacións avaliación

A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas obtidas nos exames de teoría e práctica (non existindo un mínimo para cada un dos apartados) e debe ser en ambos módulos igual ou superior a 2.5 puntos sobre 5.0 para poder superar a materia. En caso de non aprobar algún dos dous módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é dun 4.0.

Tanto na primeira oportunidade como na segunda (xullo), o alumno poderá examinarse de calquera dos módulos (ou dos dous). Se o alumno, na primeira oportunidade, non obtén unha cualificación igual ou superior a 2.5 sobre 5.0 puntos nalgún dos módulos, será necesario que volva a examinarse (teoría, prácticas ou ambalas dúas) na segunda oportunidade (xullo).

Os estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes