Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Xestión de Infraestruturas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 [Módulo I] As sesións maxistrais dos temas 1 a 4 do epígrafe "Paso 3: Contidos" avaliaránse mediante unha proba escrita na data fixada no calendario de examenes. Terá un peso de 8 puntos sobre 10 na nota final do módulo.

[Módulo II] A avaliación dos temas 5 a 8 do epígrafe "Paso 3: Contidos" tamén se fará mediante unha proba escrita, que se celebrará conxuntamente coa do [Módulo I]. Ademáis dos contidos levados a cabo nas sesións maxistrais, dentro de esta proba poderánse incluir cuestións sobre as prácticas. Este examen sumará outros 8 puntos sobre 10 na nota final do módulo.
80
Prácticas a través de TIC A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 [Módulo I] As prácticas TIC dos temas 1 a 4 do epígrafe "Paso 3: Contidos" serán avaliadas mediante unha proba escrita que terá un peso de 2 puntos sobre 10 na nota final do módulo. Na primera oportunidade, a data que inicialmente se propón para a proba é o martes 31 de octubre de 2017 durante as horas de clase de teoría. Na segunda oportunidade, a data será posterior á do exame de teoría.

[Módulo II] As prácticas do módulo II, de carácter obrigatorio, sumarán 2 puntos sobre 10 na nota final do módulo e serán avaliadas antes do exame teórico, mediante a defensa do traballo realizado diante do profesor de prácticas.
20
 
Observacións avaliación

A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas obtidas nos exames de teoría e práctica (non existindo un mínimo para cada un dos apartados) e debe ser en ambos módulos igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. En caso de non aprobar algún dos dous módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é dun 4.0.

Tanto na primeira oportunidade, como na segunda (xullo), o alumno poderá examinarse de calquera dos apartados teóricos ou prácticos de cada un dos módulos. Se o alumno, na primeira oportunidade, non obtén unha cualificación igual ou superior a 5 sobre 10 puntos nalgún dos módulos (incluindo teoría e práctica), será necesario que volva a examinarse (teoría, prácticas ou ambalas dúas) na segunda oportunidade (xullo).

Os estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes