Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Enxeñaría de Requisitos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva C2 Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.

A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia e tamén é obrigatorio obter unha nota mínima de 4 para poder facer media cos outros elementos avaliables.
50
Prácticas de laboratorio A28 B2 B4 C3 Realizaranse varias entregas de practicas ao longo do curso. O desenvolvemento é incremental e cada entrega estará baseada na anterior, polo que non é posible entregar unha práctica se non se entregou a anterior. 30
Traballos tutelados B3 C4 C6 C8 Os traballos tutelados continúan as prácticas e tamén seguen una metodoloxía incremental, polo que tampoco podense presentar sen ter presentado o traballo ou práctica anterior.

A calificación do último traballo, ao englobar ao resto de traballos e prácticas, considérase parte da avaliación final e entregarase coas calificacións finais da asignatura.
20
 
Observacións avaliación

En caso de non chegar á nota mínima na proba obxectiva, en calqueira das oportunidades, implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia.

Aspectos a ter en conta para a avaliación de segunda oportunidade (Xullo):

  • A nota das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados será a obtida na primeira oportunidade (non haberá entrega de prácticas ou traballos na segunda oportunidade).

Aspecto a ter en conta en caso de matrícula a tempo parcial:

  • Elimínase a obrigatoriedade de asistir as actividades nas que se poida esixir presencialidade, como son os TGRs. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes