Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Programación Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A27 A28 B1 C3 Farase un exame de tipo test, có obxectivo de comprobar que a/o estudante asimilou os conceptos correctamente.
30
Prácticas a través de TIC A27 A28 B1 C3 A entrega das dúas iteracións é obrigatoria. 50
Traballos tutelados A27 A28 B1 C3 A realización do traballo tutelado é opcional. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 2,5 puntos (sobre 5) en cada unha das dúas iteracións da práctica.
  • Un mínimo 4 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 
    • Nota práctica = nota iteración 1 + nota iteración 2.
    • Nota final = 0,50 * nota práctica + 0,30 * nota exame + 0,20 * nota traballo tutelado.

Para as/os estudantes con matrícula a tempo parcial, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, o tamaño da práctica será menor, sen que iso supoña un prexuízo na nota da práctica.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes