Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Desenvolvemento de Sistemas Intelixentes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A42 A43 B1 B3 B4 B5 B8 B9 C6 C7 C8 Elixirase, por votación entre todos os estudantes do curso, o mellor tema de prácticas de entre os propostos. O grupo gañador obterá 0,25 puntos que se sumarán á nota final de prácticas.

A PONDERACIÓN dos demais traballos correspondentes a este apartado será a seguinte:

1) Modelo de contexto ........................15%
2) Modelo de coñecemento...................70%
3) Modelo de comunicación...................5%
4) Esquema de Avaliación do sistema...10%

Se o número de horas reais de prácticas fose menor que as horas teóricas asignadas ao curso prescindirase da práctica "4) Esquema de Avaliación do sistema" e a ponderación sería a seguinte:

1) Modelo de contexto ........................20%
2) Modelo de coñecemento...................75%
3) Modelo de comunicación...................5%

Na valoración de cada apartado terase en conta:
1. O traballo activo e contínuo nas clases de prácticas
2. A CORRECCIÓN dos modelos realizados
3. O emprego correcto da metodoloxía no seu desenvolvemento.
4. A COMPLEXIDADE da práctica
5. A CLARIDADE na redacción dos documentos entregados.
6. A participación de todos os membros do grupo

Constitúe o 50% da nota. Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 4,5 neste apartado.
50
Proba mixta A21 A42 A43 B3 C1 C4 C6 Proba que se realiza ao final do cuadrimestre sobre o contido tratado nas clases teóricas.

Constitúe o 50% da nota. Non se poderá aprobar a materia se se obtén unha puntuación inferior a 4,5 neste apartado.
50
Presentación oral B2 B3 B7 C1 C4 Valorarase a claridade da presentación, a participación no traballo de grupo e a comprensión dos documentos entregados correspondentes ao traballo tutelado.
É obrigatoria para poder aprobar os traballos tutelados e inflúe na cualificación final destes, pero non se puntúa á marxe da nota outorgada aos traballos tutelados.
0
 
Observacións avaliación
OUTRAS NORMAS DE EVALUACIÓN DA MATERIA

- A entrega das prácticas nas datas indicadas, a súa presentación, así como a asistencia ás clases de prácticas son obrigatorias para aprobar a materia.

- A nota das prácticas para as dúas oportunidades do curso será a obtida na primeira oportunidade de Xuño. Non haberá entrega de prácticas para a segunda oportunidade de Xullo, excepto para as prácticas suspensas.

- Un alumno considerarase presentado nunha convocatoria se fai a entrega COMPLETA das prácticas ou se se presenta ao exame teórico.

- En caso de suspender a materia, as prácticas con nota igual ou superior 5 gardaranse para cursos posteriores coa cualificación de aprobado (5). No entanto, o alumno terá a opción de entregar unha nova práctica que substituiría a nota da anterior.

- De acordo ao artigo 14, apartado 4, da
normativa*, o plaxio dos traballos prácticos conlevará unha nota global de
SUSPENSO  na convocatoria anual.

Matrícula a tempo parcial

- En caso de matrícula a tempo parcial elimínase a obrigatoriedade da
asistencia ás clases de prácticas, pero non a entrega de traballos nin a
asistencia ás presentacións orais dos mesmos nas condicións e prazos
específicos que se establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa
situación ao profesorado.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da
Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes