Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Explotación de Almacéns de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A46 B3 B5 C3 C7 C8 A nota máxima será de 4 puntos sobre o total de 10 da materia. A práctica deberá realizarse individualmente ou en grupos pequenos e será defendida oralmente.

40
Proba mixta A46 B3 B5 C3 C7 C8 A nota máxima será de 3,5 puntos sobre o total de 10 da materia. Realizaránse varias probas durante o curso que tratarán sobre os conceptos teóricos e sobre a asimilación práctica da materia.

Para aprobar a materia globalmente hai que obter no na proba mixta teórica final unha NOTA MÍNIMA de 0.75 (sobre 2). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,9 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA).
35
Traballos tutelados A46 B3 B5 C3 C7 C8 A nota máxima dos traballos será de 2,5 puntos. 25
 
Observacións avaliación

NON PRESENTADO:

Na primeira oportunidade terá calificación de NON PRESENTADO o estudante que non realice todas as probas mixtas.

Na segunda oportunidade pódese recuperar calquera das partes da avaliación, de maneira que as notas desta oportunidade sustitúen sempre as da primeira. Terá calificación de NON PRESENTADO o estudante que non recupere ningunha das partes.

Para aprobar a materia é obrigatorio obter unha nota mínima de 0.75 sobre 2 na proba mixta teórica final.

DISPENSA ACADÉMICA:

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes durante as dúas primeiras semanas de clase para establecer as condicións de entrega e defensa das prácticas e dos traballos tutelados.

OPORTUNIDADE ADIANTADA:

A avaliación na oportunidade adiantada consistirá de: proba mixta (35% da cualificación), práctica (40% da cualificación) e traballo (25% da cualificación). Para aprobar a materia é obrigatorio obter unha nota mínima de 0.75 sobre 2 na parte correspondente á proba mixta teórica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes