Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Programación Integrativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A53 B1 B3 C6 C7 C8 Os alumnos resolverán un problema complexo de integración de tecnoloxías usando linguaxes de scripting. Aínda que se proporán traballos a realizar, incentivarase que os alumnos desenvolvan, deseñen e resolvan propostas propias.

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar a asignatura entregar en prazo este traballo, así como obter como mínimo o 50% da puntuación máxima asignada ao mesmo. Este traballo realizarase preferentemente por parellas. A súa avaliación realizarase nunha defensa de prácticas, na que cada membro da parella será avaliado individualmente.

Non entregar ou non superar en prazo este exercicio
suporá unha cualificación de 0 no mesmo e a calificación de "Non Presentado" na primeira oportunidade de Xuño.

(ver nota nas observacións sobre a cualificación das prácticas no itinerario de Enxeñería de Computadores).
60
Proba mixta A53 B1 B3 C6 Proba sobre os contidos presentados na docencia expositiva e desenvolvidos nas sesións de laboratorio e nas titorías grupais.

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter como mínimo o 40% da puntuación máxima da proba mixta.
40
 
Observacións avaliación

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter unha cualificación global, aplicando as ponderacións da proba mixta, das prácticas de laboratorio e da proba mixta igual ou superior ao 50%. En caso de obter unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumplir con algunha das condicións necesarias a cualificación final será un Suspenso (4.0).

O mecanismo de recuperación que se habilitará na segunda oportunidade de xullo incluira un novo prazo de presentación de traballos tutelados, que será anunciado atendendo á data do exame fixada pola Facultade. As condicións de avaliación da segunda oportunidade serán as seguintes:

  • A cualificación do traballo tutelado obtida na convocatoria de xuño poderá ser conservada ou reavaliada, a elección do estudante. A presentación dun novo traballo suporá a renuncia á nota obtida anteriormente.
  • A puntuación da proba mixta obtida no convocatoria de xuño poderá ser conservada ou reavaliada, a elección do estudante. A presentación dunha nova proba mixta suporá a renuncia á nota obtida anteriormente.
  • Mantéñense as condicións globais necesarias para aprobar requeridas na primeira oportunidade de xuño.
En ningún caso se manterán as notas obtidas entre diferentes convocatorias (ex. a nota obtida en calquera das probas avaliadas obtida no curso académico 2012/2013 non será tida en conta durante o curso 2013/2014)

Exemplos de avaliación:

  1. O estudante A acada a máxima puntuación no exame, e 2 puntos sobre 6 no traballo tutelado. A nota ponderada correspondente é un 6, mais ao non acadar o 50% da nota do traballo tutelado a súa nota en actas é un 4.0 (Suspenso). 
  2. O estudante B acada a máxima puntuación no traballo tutelado. Non obstante, obtén un 3.5 sobre 10 no exame. A nota ponderada correspondente é un 7.40, mais ao non acadar alomenos o 40% da puntuación máxima da proba mixta a súa nota en actas é un 4.0 (Suspenso).
  3. O estudante C acada un 3 sobre 6 no traballo tutelado e un 4 sobre 10 no exame. A súa nota ponderada correspondente é un 4.6 (Suspenso). Na segunda oportunidade de xuño, ten as seguintes opcións:
    • Entregar unha nova práctica tutelada e non acudir ao exame de xullo, preservando a nota obtida. A nota da segunda oportunidade obterase sumando a nova nota do traballo tutelad (aínda que esta sexa menor ao 3 de xuño) ao 4 sobre 10 do exame de xuño.
    • Acudir ao exame de xullo a subir nota, conservando a nota do traballo tutelado. A nota da segunda oportunidade obterase sumando a nova nota do exame (aínda que esta sexa menor ao 4 sobre 10 de xuño) ao 3 sobre 6 do traballo.
    • Acudir ao exame de xullo a subir nota, así como entregar un novo traballo tutelado. A nota da segunda oportunidade obterase sumando as novas notas de exame e traballo tutelado obtidas (aínda que algunha delas ou ambas sexan menores que as obtidas en xuño).

Nota: cando a asignatura se imparte como optativa no itinerario de Enxeñería de Computadores, a puntuación de Prácticas de Laboratorio divídese en 40% a Prácticas de Laboratorio e máis un 20% de Traballos Tutelados.

Non se fará ningunha consideración especial cara aos alumnos con matrícula a tempo parcial.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes