Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Administración de Bases de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A18 A19 A56 B1 B3 C3 C4 C6 C7 C8 A nota máxima será de 3 puntos sobre o total de 10 da asignatura.
Estas probas repetiranse na segunda oportunidade.
30
Proba mixta A18 A19 A56 B1 B3 C4 C6 C7 C8 A nota máxima será de 5 puntos sobre o total de 10 da materia.
A proba consiste nun exame que tratará sobre os conceptos teóricos e sobre a asimilación práctica da materia.
Esta proba repetirase na segunda oportunidade.
50
Traballos tutelados A18 A19 A56 B1 B3 C3 C4 C6 C7 C8 A nota máxima dos traballos será de 2 puntos.
Forman parte da avaliación continua, polo que a nota deles contabiliza para as dúas oportunidades. Non se repetirán para a segunda oportunidade.
20
 
Observacións avaliación
NON PRESENTADO
  •     Na primeira oportunidades terá calificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.
  •     Na segunda oportunidade terá calificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non intente recuperar ningunha das partes recuperables.
DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas de laboratorio. A parte de traballos engadirase á proba mixta.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

A avaliación na oportunidade adiantada  consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da calificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes