Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
Guía Provisional
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Métodos Estadísticos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Métodos Estadísticos Código 614G01057
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Vilar Fernandez, Juan Manuel
Correo electrónico
juan.vilar@udc.es
Profesorado
Vilar Fernandez, Juan Manuel
Correo electrónico
juan.vilar@udc.es
Web http://estudos.udc.es/es/subject/614G01V01/614G01057/2019
Descrición xeral Preténdese que o alumno coñeza e aprenda a utiliza-los modelos de deseño de experimentos e análise de regresión lineal. A docencia da materia terá un carácter eminentemente práctico, centrándose na presentación e interpretación dos distintos modelos (formulación matemática, hipóteses supostas, etc.) e na súa aplicación na práctica (estimación, análise crítica dos resultados obtidos e estudio dos problemas que se poden presentar); apoiándose no emprego dun paquete estatístico (principalmente Statgraphics e R). Sería especialmente recomendable ter superado a materia de Estatística I e sería convinte tamén ter cursado outras con contido matemático (como por exemplo Álxebra e Cálculo). Esta materia será de utilidade para outras da titulación, como por exemplo as relacionadas co tratamento do sinal (Medios de Transmisión, Tratamento Dixital do Sinal), Intelixencia Artificial, Linguaxes Naturais, Redes de Neuronas Artificiais, Técnicas de Simulación, as relacionadas co recoñecemento de imaxes, etc. Ademais doutras da mesma área como Métodos Estatísticos ou Simulación Estatística.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías. Se manteñen as metodoloxías docentes propostas. - Sesión maxistral – Traballos tutelados (computa na avaliación) – Atención personalizada a través de Teams 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Teams: Unha sesión semanal (tres horas) de grupo para o avance dos contidos teóricos, resolución de problemas e realización de prácticas con ordenador e manexo do programa Statgraphics. Esto se fará na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Unha sesión semanal (ou mais segundo o demande o alumnado) en grupo para resolver dudas, a realización de problemas e prácticas de análisis de datos. - Correo electrónico: Segundo a necesidade do alumando. De uso pra facer consultas ou solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. – Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de un foro xeral para plantear dúbidas da materia e para formular as consultas necesarias. 4. Modificacións na avaliación. Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. Observacións de avaliación: En caso de non poder facerse a proba final de xeito presencial se fará en modalidade online utilizando Teams e Moodle. Pero será unha proba das mesmas características que a proposta de xeito presencial. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xaneiro. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes