Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Métodos Estadísticos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Empregarase o proxector para a presentación dos distintos temas (moodle), incluíndo gráficos e simulacións para axudar a entender os distintos conceptos. Tamén se recorrerá á lousa para explicacións adicionais e mostraranse exemplos con algún paquete estatístico.
Solución de problemas Resolución de exercicios utilizando software estatístico.
Traballos tutelados O alumno proporá a resolución dun problema de Deseño de Experimentos que constará das seguintes etapas:
Formulación e obxectivo do problema a estudar.
Deseño do experimento e recollida de datos.
Análise estatística dos datos. Axuste dun modelo.
Validación e recoñecemento do modelo axustado.
Conclusións.
Actividades iniciais Presentación da materia. Exposición dos recursos dispoñibles (páxina web, bibliografía de referencia), software.
Proba mixta Realizaranse dúas probas. A primeira consiste na análise dunha mostra de datos á que se axusta un modelo de deseño de experimentos. Neste caso utilizarase unha mostra de datos proposta por un alumno.
A segunda proba é un exercicio de tipo aplicado, ao alumno facilítaselle unha mostra de datos á que lle hai que axustar un modelo de regresión. Sobre esta base proponse cuestións e preguntas de tipo aplicado e resposta curta.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes