Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Enxeñaría de Infraestructuras Informáticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B1 C3 As prácticas de laboratorio consistirán en diferentes actividades que se proporán ao longo do cuadrimestre relacionadas cos contidos da materia. 40
Proba obxectiva A36 A37 A proba obxectiva realizarase ao final do cuadrimestre e estará formada por preguntas relacionadas co temario desenvolvido nas sesións maxistrais e nas prácticas. 40
Traballos tutelados A37 B3 C6 O traballo tutelado consistirá na resolución de un caso de estudio de maior dificultade aos realizados nas prácticas 20
 
Observacións avaliación
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A materia consta de dous bloques claramente diferenciados. En cada bloque se propoñerá a realización de prácticas (prácticas de laboratorio e/ou traballo tutelado). Para aprobar as prácticas será obligatorio entregalas todas.
A nota final calcularase como a media ponderada das notas de prácticas (prácticas de laboratorio e/ou traballo tutelado) e da nota da proba obxectiva. Para aprobar será necesario acadar cando menos o 40% en cada unha das notas e o 50% no total.

SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade seguiranse os mesmos criterios de avaliación que na primeira. Haberá unha segunda data de entrega para as prácticas, e as notas das partes que acadaran un mínimo do 40% en primeira oportunidade conservaranse na segunda.

REPETIDORES
A nota das prácticas nas que se obteña un mínimo do 50% da nota conservarase durante un curso.

ALUMNOS A TEMPO PARCIAL
A avaliación será igual que a dos alumnos a tempo completo.

FRAUDE
No caso de detectarse algún fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da universidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes