Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Sistemas Empotrados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A32 A34 B1 Nas sesións de laboratorio propóñense unha serie de prácticas para aplicar os coñecementos adquiridos na materia. Ao final dalguhas sesións valórase o correcto funcionamento da práctica, o axeitado do traballo presentado e a comprensión dos conceptos traballados mediante unha proba escrita. 40
Proba obxectiva A32 A34 B1 Corresponde a coñecementos impartidos nas sesións maxistrais. 40
Traballos tutelados A32 A34 A35 B1 C6 Cada estudante ten que desenvolver un mini-proxecto, para o que presentará unha memoria. e valórase o correcto funcionamento do trabalho no laboratorio. 20
 
Observacións avaliación

O 40% da cualificación corresponde á proba obxectiva final, o 40% á avaliación das prácticas de laboratorio e o 20% restante aos traballos tutelados.

Na segunda oportunidade permitirase recuperar un 60% da calificación ao alumnado que non superou a materia na primeira oportunidade: O 40% da cualificación corresponde á proba obxectiva final e o 20% dos traballos tutelados, conservando a nota de prácticas da primeira oportunidade.

Considerarase como "non presentada/o" a calquera estudante que non realice a proba obxectiva.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia realizará as mesmas probas de avaliación que o alumnado que as curse a tempo completo, pero cun horario tanto para as clases como para as distintas probas que sexa compatible co horario que cada estudante teña estipulado que debe asistir ao centro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes