Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Redes Móbiles e Sen Fíos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A17 A38 B3 C3 A avaliación realizarase mediante o seguimento da entrega das prácticas e unha proba obxetiva.
25
Solución de problemas B1 B3 A avaliación do traballo do alumno realizarase tendo en conta a participación e a capacidade do alumno para a solución de problemas plantexados polo profesor nas clases de titorías en grupos reducidos. 10
Obradoiro A17 C3 C8 Avaliación continua do traballo do alumno con probas semanais dos avances obtidos na semana previa. 25
Proba mixta B1 B3 Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do alumno para a solución de problemas vanse a avaliar na proba mixta final. 40
 
Observacións avaliación

A suma das partes correspondentes o taller, as prácticas a través de TIC, a solución de problemas e a proba mixta debe ser maior ou igual a 5.

Esixirase unha nota mínima de 1 punto sobre 4 na proba mixta. No caso de non acadar dita nota, a cualificación final do alumno vaise a calcular como a suma da nota obtida nesta proba e o resultado de dividir por dous a suma da nota obtida nos obradoiros, prácticas a través de TIC e solución de problemas.

Na segunda oportunidade poderase avaliar soamente a proba mixta e a de prácticas, optando o estudante por unha de estas ou as duas. Os resultados acadados na solución de problemas e nos obradoiros será a que
os estudantes acadaran na primeira oportunidade dacordo coa avaliación
continua descrita na guía.

Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas e faranse flexibles as datas de entrega das mesmas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes