Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Contornos Inmersivos, Interactivos e de entretemento
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A43 A44 B1 C6 Tomará a forma dunha proba mixta realizada de manera presencial. A proba pode contar con preguntas tipo test e algunahs preguntas curtas de ensaio para que os e as estudantes demostren a asimilación dos conceptos.
Esta proba realizarase sobre o total dos contidos da materia.
40
Prácticas a través de TIC A43 A44 B1 B9 Realización dun traballo composto de dous proxectos correspondentes ós dous videoxogos a desenvolver. Para o 2D faise uso da plataforma PyGame como motor de apoio no desenvolvemento. Para o 3D utilizase unha das plataformas máis comunes actualmente como é Unity3D.
Ademáis dos videoxogos, evaluarase a calidade da documentación e a metodoloxía aplicadas no desenvolvemento.
60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o/a estudante deberá obter unha calificación
mínima de 5 sobre 10 no resultado de combinar as calificacións da proba
obxectiva e as prácticas a través de TIC.

Resaltar que na proba obxetiva para poder superar a materia, establécese
unha calificación mínima do 3,5 puntos sobre 10. Noutro caso considerase que o/a estudante non poderá superar a materia independientemente da calificación que teña
nas prácticas a través de TIC. O resultado será que recibirá como cualificación a acadada na proba obxetiva.

Con respecto as prácticas, as falta reiteradas as reunións de seguemento sen debida xustificación suporan unha penalización na nota final dos estudantes que as cometeran puidendo chegar a perder a nota completa dunha das prácticas ou da totalidade no caso de non participar activamente no desenvolvemento das mesmas. 

Criterios particulares de avaliación e asistencia para os/as estudantes con matrícula a tempo parcial:

  • As prácticas e traballos deberán entregarse na mesma
    data e forma que os/as estudantes a tempo completo.
  • O horario para a defensa flexibilizarase coo fin de
    facilitar a defensa e entrega dos traballos

Segunda oportunidade e Convocatoria adiantada:

  • En caso de ter que concorrer a estas convocatorias, o/a estudante ten que facer o exame da proba obxectiva, sendo os criterios para obter a nota total os indicados ó principio deste apartado. 
  • No caso das nota de prácticas, mantense a nota obtida , se ben os alumnos terán a oportunidade de entregar novos proxectos tanto 2D como 3D pero está vez feitos de maneira individual. Estes proxectos deberán ter unha calidade e complexidade proporcionalmente similar as presentadas na primeira oportunidade có fin de recuperar a nota de prácticas.  Aqueles/as estudantes que opten por entregar novos proxectos, renunciaran á nota obtida previamente independentemente de que a nova calificación sexa inferior.

Plaxio:

En calqueira entrega na que se detecte plaxio, a entrega será valorada cun cero. O plaxio na proba obxectiva será sancionado dacordo coa normativa vixente da universidade.

No Presentado:

Os e as estudantes que non concorran a Proba Obxetiva terán a calificaicón de Non Presentado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes