Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Métodos Numéricos para a Informática
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Exporanse prácticas do ámbito das aplicacións dos distintos métodos desenvolvidos, analizaranse os problemas e se propondá ao alumno a elaboración de programas que resolvan os problemas propostos.
No curso 2020/21, impartirase mediante ferramentas telemáticas aínda que pode ser aconsellable o seu seguimento desde a aula.
Solución de problemas Exporanse listas de exercicios que fan referencia a distintos aspectos dos contidos da materia.
No curso 2020/21, impartirase mediante ferramentas telemáticas aínda que pode ser aconsellable o seu seguimento desde a aula.
Proba mixta Trátase dun exame escrito que se realizará nas datas determinadas pola Xunta de Facultade para esta materia. A proba oriéntase fundamentalmente á resolución de problemas
Proba práctica Algunha(s) das prácticas propostas incluirán unha proba na que os estudantes deberán resolver un ou dous problemas con axuda dos códigos que elaborarían previamente.
Sesión maxistral Na sesión maxistral o profesor exporá os contidos teórico-prácticos. Primeiro motivaranse os contidos mediante problemas reais, a continuación desenvolveranse os conceptos e métodos, intercalando exemplos de aplicación e exercicios resoltos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes