Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Arquitectura dos sistemas de Información
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A47 A48 A49 B1 B2 B3 B4 C3 C6 O alumnado realizará dous traballos tutelados. O primeiro será introdutorio, realizado individualmente. O segunda realizarase por grupos, e consistirá na análise, deseño e implantación dun sistema de información web con tecnoloxías actuais. 60
Estudo de casos A47 A48 A49 B1 B2 B3 B4 C3 C6 O alumnado, por grupos, realizará unha análise detallada dun caso real. Durante as clases farase un seguimento do traballo realizado por cada grupo, podendo orientar así o seu desenvolvemento. Ao remate do traballo entregarase un informe. Avaliarase tanto a calidade da memoria como o traballo realizado nas reunións de seguimento. 40
Presentación oral B2 B3 B4 C3 C6 Ó finalizar o estudo do caso real, cada grupo realizará unha exposición oral apoiada en transparencias. Esta presentación ponderará a cualificación do estudo de casos. 0
Proba práctica B1 B3 B4 C3 C6 Os traballos tutelados rematarán cunha defensa individual na que o alumno terá que responder preguntas sobre o mesmo, ou implementar pequenos cambios ou funcionalidades sobre o mesmo código base. As defensas individuais ponderarán a cualificación do traballo. 0
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é obligatorio aprobar os traballos tutelados, unha vez ponderada a nota en función do resultado da proba práctica. É dicir, débese obter unha nota mínima de 3 sobre 6. De non obter a nota mínima nos traballos tutelados, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba práctica do traballo tutelado.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada parte se realizará en condicións similares ás da primeira oportunidade, sendo de novo necesario obter unha nota de 3 sobre 6 no traballo tutelado (unha vez ponderada a nota polo resultado da proba práctica).

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado, máis se facilitará na medida do posible a realización e seguemento do estudo de casos.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaránse os criterios da segunda oportunidade do curso pasado:

  • Traballos tutelados (60% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Proba escrita teórica e práctica (40% da nota final).
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Para aprobar a materia na segunda oportunidade é obligatorio obter unha nota mínima de 3 sobre 6 no traballo tutelado, e de 2 sobre 4 na proba mixta.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez verificado, implicará directamente unha nota de "0" na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes