Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Álxebra Lineal
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A12 A27 A1 A2 B1 B5 B6 Ó longo do cuadrimestre realizaranse 2 probas de avaliación continua. Estas probas incluen tanto preguntas sobre os contidos teóricos explicados como exercicios prácticos. Valorarase a presentación clara e razoada das respostas.
Será posible avaliar unha actitude participativa dos alumnos na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en pequenos grupos.

A nota obtida neste apartado (P) será a mesma nas dúas oportunidades do anuncio do curso académico.
30
Proba obxectiva A1 A2 B9 Ó longo do cuadrimestre farase unha proba mediante a plataforma Moodle. Esta proba consta de preguntas curtas de tipo teórico e prácticas. Abordará os contidos e resultados do temario vistos hata ese intre na asignatura. O resultado desta proba (M) contribuirá nun 20% na nota final.

Nas datas establecidas pola Xunta de Facultade na sua programación anual, o alumno fará unha proba escrita (E) ó final do cuadrimestre. Esta proba inclúe:
- Preguntas que permiten valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos.
- Exercicios con diferentes graos de dificultade na liña dos exercicios realizados na clase e dos presentados nos boletíns.
Valoraranse o dominio dos conceptos teóricos da materia, a súa comprensión e a súa aplicación na resolución de exercicios. Así mesmo, avaliarase a claridade e a orde na presentación dos resultados expostos.
Para que o alumno poida aproba-la asignatura, o resultado desta proba (E) debe ser maior de 4 puntos sobre 10.

O resultado desta proba (E) contribúe nun 50% á nota final da asignatura.
70
 
Observacións avaliación
A calificación das prácticas de laboratorio (P) non se poderá
recuperar e será a mesma nas duas oportunidades. Sen embargo, a nota
obtida na proba ó final do  cuatrimestre (E)   reescalarase da
forma que un estudiante teña a oportunidade de recuperar o 20% desta
proba de Moodle (M). Así, a calificación final (F) de cada estudante calcularase da forma seguinte:

  • Se o valor de E é maior que  4: a nota final (F)  obtense pola fórmula  Total=P+M+0'1*(7-M)*E (esto é, F é igual ó total de puntos acumulados polo estudante, F=Total).
  • Se o valor de E é menor o igual que  4: a nota final obtense como  F=min(4'5,Total), onde Total é calculado coma no punto anterior.
Que un estudante se presente á proba final E, supón que éste completou o proceso de avaliación; isto é, un estudante que non se presente á proba E aparecerá como non presentado como  nota final F.

Para o estudante que se presente á segunda oportunidade, o cálculo de Total farase da mesma maneira que na primeira oportunidade pero sustituíndo  o valor de E polo que obteña na nova proba escrita, proba que terá lugar na data oficial determinada pola Xunta de Facultade. 

Nas dúas oportunidades, para supera-la materia, o valor da nota F terá que ser maior o igual que 5.

Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e previo acordo coprofesorado encargado do grupo ao que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria.

Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: Dependendo das particularidades de cada caso, axustaranse as probas de avaliación  para que o devandito estudante poida realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes