Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Inferencia Estatística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A17 A18 A20 B1 B5 B6 C1 Ao longo do curso, o alumno demostrará o seu interese e dominio da materia, e súa capacidade de traballo en equipo, mediante a realización de traballos en grupo.
Os alumnos que non obteñan o máximo do 20% da nota correspondente a esta parte, poderán recuperar a parte faltante na realización do exame final da materia.
20
Seminario A17 A18 A20 B1 B5 B6 C1 Ao longo do curso, o alumno demostrará o seu interese polo tema e o seu dominio mediante a realización de probas escritas (controis) no que se avaliará o traballo práctico da materia.
Os alumnos que non obteñan o máximo do 20% da nota correspondente a esta parte, poderán recuperar a parte faltante na realización do exame final da materia.
20
Proba mixta A17 A18 A20 B1 B5 B6 C1 O exame final, cun valor entre o 60% e o 100%, consistirá nunha proba teórico-práctica escrita. 60
 
Observacións avaliación

Na data establecida pola Facultade na súa planificación anual, o alumno fará por escrito o exame final da materia (proba mixta), no que terá que responder a preguntas teóricas, resolver preguntas teórico-prácticas e calcular a solución de diversos problemas. Para esta proba o alumno só poderá levar consigo o material autorizado expresamente.

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.

Non se considera necesario realizar ningunha adaptación para os alumnos a tempo parcial ou con dispensa académica, xa que todos os alumnos dispoñen da posibilidade de obter a máxima cualificación na materia no exame final.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na oportunidade correspondente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes