Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Subjects
  Design and Analysis of Algorithms
   Methodologies
Methodologies Description
Laboratory practice Nas prácticas de laboratorio, os alumnos terán que solucionar problemas mediante a implementación e análise de algoritmos nunha linguaxe de alto nivel. As prácticas organizaranse en entregas periódicas para fomentar o estudo continuo e a avaliación continua. Ademais do código fonte, as entregas incluirán informes onde os alumnos deberán expor as conclusións obtidas sobre os algoritmos, en relación cos conceptos da materia, e que serán avaliados xunto cos propios programas entregados.
Problem solving Desenvolveranse exemplos e exercicios nos que os alumnos terán que aplicar os coñecementos teóricos da materia a casos concretos. Garantirase a interactividade, resolvendo dúbidas por parte dos alumnos e animándoos a contrastar as súas solucións e a expor cuestións relevantes. Parte dos problemas realizados serán avaliados.
Objective test Levarase a cabo unha avaliación da materia mediante unha proba que incluirá tanto preguntas sobre os contidos teóricos, como supostos prácticos e exercicios de aplicación relacionados cos distintos temas vistos na materia.
Guest lecture / keynote speech Clases maxistrais onde se exporán os conceptos teóricos da materia, sen perder nunca de vista exemplos de aplicación para motivar e contextualizar os contidos. Fomentarase a interactividade en clase mediante a formulación de preguntas e utilizaranse distintos recursos como encerado, transparencias ou demostracións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes