Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Modelos de Regresión
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A17 A18 A20 B2 B9 C1 Existirán varias probas escritas de coñecementos:

-- Probas parciais unha vez que se rematen bloques temáticos relevantes. Consistirán en exames escritos. Os resultados destas probas formarán parte da avaliación continua e computarán ata un 25% da cualificación.

-- Unha proba de coñecementos final. Será un exame escrito que constará de cuestións teórico-prácticas sobre os contidos da materia. Será obligatorio e supoñerá o 60% da cualificación.
85
Solución de problemas A17 A18 A20 B2 B7 B9 C1 A participación activa no desenvolvemento das clases e a resolución e entrega de exercicios propostos ao longo do curso formará parte da avaliación continua. Computará ata o 15% da cualificación. 15
 
Observacións avaliación
Presentación e avaliación

1. Considerarase que un estudante concurre a unha convocatoria cando participa en actividades que lle permiten obter cando menos un 50% da avaliación final. 

2. A proba final de coñecementos terá carácter obligatorio. Constará de dúas partes: unha con cuestións de corte teórico e outra máis aplicada e orientada á resolución de problemas. Será necesario aprobar as dúas partes deste exame para supera a materia. 

3. A cualificación obtida conservarase entre as oportunidades (ordinaria e extraordinaria) dentro da convocatoria de cada curso.

Segunda oportunidade:

O peso da avaliación continua na segunda oportunidade será o mesmo que na avaliación ordinaria, un 40%. Na segunda oportunidade de avaliación realizarase un exame e a nota final será o máximo de tres cantidades: a nota da avaliación da primeira oportunidade, a nota do novo exame (100%), e a media ponderada do novo exame (60%) e a avaliación continua (40%).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes