Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Infraestruturas de Computación de Altas Prestacións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A11 B2 B3 B7 B8 Ao final do cuadrimestre realizarase un exame individual sobre os contidos do temario desenvolvido durante as sesións maxistrais onde o alumnado deberá demostrar os coñecementos adquiridos. 50
Prácticas de laboratorio A11 B2 B3 B7 B9 B10 C1 A avaliación das prácticas de laboratorio farase ao longo do curso e terá como obxectivo valorar o traballo do alumnado durante as sesións prácticas. Nesta avaliación tamén se terá en conta o seguimento continuado das actividades realizadas. 50
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para superar a materia na primeira oportunidade é necesario obter:

  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada ás prácticas de laboratorio (2 puntos sobre 5).
  • Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada á proba mixta (2 puntos sobre 5).
  • Unha
    cualificación global, aplicando os pesos da proba mixta e das prácticas
    de laboratorio, igual ou superior ao 50%.

No  caso de obter unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero
non cumprir algunha das condicións necesarias, a nota final que
aparecerá nas actas será un Suspenso.

Calquer/a alumno/a que non entregue as prácticas nin realice a proba mixta terá unha cualificación de NON PRESENTADO.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Só poderán presentarse á segunda oportunidade os/as alumnos/as que non superen a materia na primeira oportunidade.

As condicións globais necesarias para aprobar requiridas na primeira oportunidade mantéñense coas seguintes consideracións:

  • A nota das partes que acadasen o mínimo do 40% en primeira
    oportunidade conservaranse na segunda.
  • Será posible recuperar a parte correspondente ás prácticas de laboratorio no caso de non ter obtido o mínimo establecido do 40% en primeira oportunidade.

REPETIDORES

A nota das prácticas conservarase durante un curso académico no caso de obter un mínimo do 50%.

ALUMNADO A TEMPO PARCIAL

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica que lles exima da asistencia ás clases deberá comunicar a súa
situación ao profesorado co fin de establecer unhas condicións
adaptadas á súa dispoñibilidade. En calquera caso, os criterios da súa avaliación serán  os mesmos que os do resto do alumnado.

FRAUDE

No caso de detectarse algunha fraude nas
probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na
normativa da universidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes