Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Asignaturas
  Modelaxe de Bases de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A8 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 Realización de prácticas de deseño e implementación de bases de datos. 40
Solución de problemas A7 A8 B2 B3 B7 B8 B9 B10 C1 Resolución de problemas de modelado. 10
Proba mixta A7 A8 B7 B8 B9 Exame final no que se avaliará o grado de coñecemento dos contidos tratados na asignatura. 50
 
Observacións avaliación

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel
obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o
permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber
lugar tras o correspondente procedemento.

Para superar a materia e preciso aprobar cada unha das tres partes.

Na primeira oportunidade terá cualificación de non presentado aquel estudante que non realice a proba obxectiva. De acordo coa normativa da UDC, se se supera a materia na primeira oportunidade, o/a estudante non poderá volver presentarse na segunda oportunidade para tentar mellorar a súa nota. 

Se o/a estudante non supera a materia na primeira oportunidade e desexa presentarse á segunda oportunidade, deberá realizar de novo a proba obxectiva. Se se suspende a materia na primeira oportunidade, manterase a nota obtida nos traballos prácticos para a segunda oportunidade. En caso de suspender devanditos traballos prácticos na primeira oportunidade, o/a estudante poderá optar entre manter a nota obtida ou recuperalos na segunda oportunidade. Neste caso, a nota aplicada nos traballos prácticos na segunda oportunidade será a obtida na segunda oportunidade, sexa maior ou menor á obtida na primeira.

Os alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia a clase ("tempo parcial") serán avaliados en horario fóra de clases convido entre profesor e alumno.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes