Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
 Subjects
  Statistical Analysis of Dependent Data
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A17 A19 B2 B3 B8 B9 C4 Consistirá nunha proba tipo test de coñecementos teórico-prácticos, que será realizada na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. 60
ICT practicals A20 B2 B4 B7 B9 B10 C1 C4 Parte do grao de aprendizaxe alcanzada nas prácticas a través de TIC avaliarase de maneira continua. Para iso, realizaranse unha ou dúas probas ao longo do curso (no horario establecido para ditas prácticas) e/ou un ou dous traballos (individuais ou en grupo). A súa resolución requirirá do uso do software R e tamén do coñecemento da metodoloxía estatística explicada nas sesións maxistrais. 40
 
Assessment comments

Primeira oportunidade: Si se denotan a través de P e F as notas (sobre 10) obtidas nas "Prácticas a través de TIC" e na "Proba mixta", respectivamente, a nota final será: 

    (a) 0.4*P+0.6*F, sempre e cando tanto P como F sexan maiores ou iguais que 3.

    (b) 4.5*(0.4*P+0.6*F)/7.2, sempre e cuando P e/ou F sexan menores que 3.

Como consecuencia do anterior, tense que para superar a materia será necesario obter un mínimo de 3 puntos tanto nas "Prácticas a través de TIC" como na "Proba mixta".

Avisarase da data en que se realizará cada proba práctica cunha antelación mínima de 7 días. Os traballos prácticos terán un prazo de entrega de polo menos 7 días. 


 Segunda oportunidade: A puntuación obtida nas "Prácticas a través de TIC" na primera oportunidade manterase para esta segunda oportunidade si é superior ou igual a 5. Si é menor que 5, o alumno terá a opción de volver a facer a(s) proba(s)/traballo(s) correspondente(s) a a(s) parte(s) de prácticas non superada(s); si non fai uso de dita opción, manteráselle a nota da primeira oportunidade. Todos os alumnos deben realizar a "Proba mixta". A nota final obterase da mesma forma que na primera oportunidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes